6 mar. 2008

Precariedade no ensino


A XUNTA DA GALIZA OFERTA A PRECARIADADE NO ENSINO.


Na Mesa Sectorial do Ensino celebrada o pasado 20 de Febreiro, a Consellaria de Educación apresentou-lle aos sindicatos de xestión a proposta de oferta de emprego público para este ano 2008. En ditaconstatou-se a total parcialidade da Consellaria nun escenário de representacións vacias, xa que na sua estrutura básica, a oferta públicanon podera ser modificada. Este facto derivou-se da negativa da Consellaria en ofrecer con antelación dita proposta e na falta de vontade por tomar discusión nas cuestións relevantes do documento.

Para este ano 2008, a Consellaria de Educación ten previsto sacar aconcurso-oposición 2341 prazas distribuídas do seguinte xeito: 928 (corpode mestres, con primaria incluída) 1265 (corpo de secundária), 84(Profesores-Técnico de Formación Profesional), 35 (Profesorado de Música eArtes Escénicas) e 29 (Profesorado das Escolas Oficiais de Idiomas).

Desde o Sindicato de Ensino da CNT seguimos a denunciar a aldraxante posición da Consellaria de Educación coa connivéncia dos principais sindicatos de xestión pola sua incapacidade manifesta para abordar os problemas que atravesa o profesorado, especialmente o máis vulnerabel: o profesorado interino e substituto. Porén o número de prazas ofertadas sexa elevado (non máis que no proceso anterior), esta oferta pública de emprego non asume os principais problemas do profesorado galego: unha reposición completa, ordenada e digna dos efectivos de maior antigüidade e medidas que podan ofrecer garantias reais de estabilidade laboral para o numeroso corpo de interinos e substitutos dun profesorado adscrito a un territorio xeográfico moi disperso e que acarrexa múltiples riscos laborais. O sistema galego de educación pública precisa de estratéxias máis sólidas e completas que estas medidas oportunas, máis achegas as prescripcións normativas da Lei 2/2006 do 3 de Marzo Orgánica da Eduación. A presión normativa, contemplada na sua disposición decimosétima obriga a todas ascomunidades autónomas a rebaixar nun 8% a porcentaxe de profesorado interino e substituto nos cadros de persoal. Nestes últimos tres anos, a Xunta da Galiza ven a tentar forzadamente e as veces con procedimentosdubidosos (o proceso de oposición do pasado ano, por exemplo, co siléncio manso de todos os sindicatos de xestión) cumprir con esta prescripción. Aoferta de emprego público para o ensino deste ano, segundo o própriocritério da Consellaria de Educación pretende remedar a reposición de efectivos e colocar a máis da metade dos profesores interinos esubstitutos. Estabelece tamén unha nimia reserva do 7% para persoas condiscapacidade e unha porcentaxe maior (10%) para prazas de promocióninterna de acceso ao grupo A desde o B. A Xunta de Galiza pretenderebaixar para este ano un 5% a taxa de temporalidade no ensino, dado atodas luces insuficiente e mostra da política precária de emprego da própria administración. En conclusión, a Xunta de Galiza fomenta aprecariedade laboral e a oferta pública de emprego para o ensino desteano, non vai xerar novos postos de traballo senón que a substituí-los.

Outras das cuestións a ter en conta é o siléncio vergoñoso daadministración galega a respeito dos acordos de estabilidade para oprofesorado interino e susbtituto. A día de hoxe, tanto o Director Xeralde Persoal, o sr Canosa como a própria Consellaria de Educación, a Sra.Sánchez Piñón. non teñen nengunha intención de tratar estes acordos àespera da sua aprobación no Parlamento da Galiza e coa proposta máis seria en mans do Partido Popular. A CNT ven denunciando esta situaciónabsolutamente precária desde fai xa dous anos e tomando parte nestasituación na que os sindicatos de xestión non parecen prestar moita atención, no entanto o número de prazas sexa alto e se cumpran asprebendas das distintas mesas sectoriais. Sorprende que haxa tanto desinterese para esta grave cuestión cando a Consellaria de Educación abrelistas para profesorado interino e substituto na matéria de Relixión previstas xa desde o pasado mes de Febreiro.

O Sindicato de Ensino da CNT quer poñer en coñecemento a sua análise daproposta de oferta pública de emprego e revocar os acordos dos sindicatosde xestión na tramitación da LOE, durante o Acordo Básico Laboral do 20 deOutubro de 2005 xa que os obxectivos iniciais de redución da temporalidadenon se están cumprindo. Ademáis reclama unha proposta de emprego séria e coordenada que conteña a provisión de novos posto de traballo e non atendasó a critérios normativos, senón máis laborais e na procura dun ensinopúblico de cualidade e de titularidade pública. Por outra parte, o Sindicato de Ensino da CNT non deixa de lembrar a todo o corpo docenteinterino e substituto de Galiza que actualmente non existe nengunhaintención de negociar um acordo de estabilidade para dito corpo e que àespera da negociación no Parlamento da Galiza, non están garantidosformalmente os postos de traballo para o ano que ven.

No hay comentarios: