Estreada en Betanzos o 28 de Setembro de 2006, dentro das Xornadas "Sombras na Memoria" organzadas pola Asociación Cultural Eira Vella.
A Sombra Negra é un proxecto do que de momento foi estreado a primeira parte. A través de testemuños de obreiros cenetistas vaise configurando a Historia do anarcosindicalismo galego nos anos do levantamento militar fascista.
Recentemente e nas Xornadas sobre a Recuperación da Memoria, esta pelicula foi vista por vez primeira en Betanzos, contando coa introdución e explicación dun membro da anarcosindical.
Esperamos que pronto poidamos ver a triloxía completa invitando a un dos seus promotores da Federación Local de Compostela.