21 de noviembre de 2009

Asamblea Local Venres 27 Novembro


O Venres 27 e as 19:30horas, queda convocada asamblea Ordinaria do Sindicato.

A orde do día definitiva foi remitida xa a todos os afiliados/as.
O Comité local informará das:

- novas afiliacións.
- estado de contas.
- actividades realizadas nos últimos dous meses.
Despois trataremos os puntos de Orde interna e acabaremos cos asuntos varios onde calqueira afiliado/a pode propoñer ou tratar todo tipo de asuntos.

PS:Recordamos que para participar na asamblea todos os afiliados/as deben estar ao día nas cotizacións. Tamén poden acudir os interesados en contactar por vez primeira co sindicato, pero non poderán permanecer no momento de ser tratados os asuntos internos.

12 de noviembre de 2009

Toda a Información das Xornadas Libertarias en Galicia.

Chega Novembro e os sindicatos da Galaica realizan as súas xornadas. Este ano, coinciden as datas e repiten "ponentes". Así que tedes a oportunidade de ir a Compostela, Ferrol e Coruña.F
Ferrol
VIII Xornadas Libertarias Unión Libertarias – Ferrol
17 a 21 de novembro de 2009
Lugar: Espazo Libertario: Avenida de Esteiro, 10-12
Martes, 17 20 horas
Charla de Leiser Pelles, integrante de Anarchists Against the Wall (Anarquistas contra el muro) de Palestina
Mércores, 18 20 horas
Charla dun militante da FAU, sindicato anarcosindicalista alemán, adherido á AIT
Xoves 19
20 horas Presentación do libro “Curuxás: o guerrilleiro que non cazou Franco”, co autor Carlos Parrado
Venres 20 20 horas Charla “A necesidade dunha organización anarquista xuvenil”, por membros da Federación Ibérica de Juventudes Anarquistas (FIJA).
Sábado 21 19 horas (No cemiterio de Canido) Homenaxe ás vítimas do franquismo, coa participación dos poetas Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Gaspar Domínguez e Alfonso Rodríguez, o músico Víctor Agulló e intervencións da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática e Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo
Compostela
XVII Xornadas libertarias de Compostela
16 a 20 de Novembro
Lugar: Local da CNT (Rua García Prieto) e Galería Sargadelos
Hora: 19:30 horas.
Luns 16 . A Loita contra o Servizo Militar desde os anos 80. Charla cos Insubmisos.
Martes 17. COOP57. Unha alternativa de economía social.
Mercores 18. Anarquistas contra o muro. Leiser Pelles.
Xoves 19. A FAU-AIT. O anarcosindicalismo alemán.
Venres 20. Film "Buenaventura Durruti. Anarquista"
A Coruña
Conferencias .
Local da CNT. Rua Washington 36
Hora: 19:30 horas
Luns 16: Anarquistas contra o muro. Leiser Pelles
Martes 17: A FAU. Anarcosindicalismo en Alemania
Sábado 21: A Federación Ibérica de Juventudes Anarquistas FIJA
Webs relativas ós actos:
1. FAU

10 de noviembre de 2009

Gadis. A loita cobra nova dimensión.


O Conflicto de Mercadona parece repertirse con Gadis. Os nosos compañeiros de Valladolid non dan a batalla por perdida e agora parecen dispostos a dirixirse xa a todos os que traballan nesta empresa na provincia, e así, convocan a unha asamblea Xeral á totalidade dos traballadores.

Imaxinamos que a empresa non se vai a cruzar de brazos e nos esperan días de tensión.

Nós reproducimos aquí o boletin e a convocatoria xa que nos sabemos observados pola Dirección da Central, e en Betanzos non podemos quedar calados.

Descarga o boletin en pdf . Moi interesante. En Galicia xa empezamos a organizarnos nesta empresa...

9 de noviembre de 2009

Crítica do Sindicalismo subvencionado.

O Sabado 7 quedou inaugurado "oficialmente" o noso local. E que mellor xeito que facelo invitando a Juan Armada (Sec. Xeral da CNT de Vigo).
A súa conferencia sobre o Sindicalismo mal chamado "maioritario" que negocia en nome de todos os traballadores aínda non habendo máis dun 12% de afiliación sindical, e que grazas a lexislación e a politica de subvencions, xoga un papel determinante na chamada Paz Social, serviunos a afiliados e simpatizantes para entender a necesidade dun sindicato coma a CNT para rachar coa situación actual, onde a clase traballadora perde día a día, conquistas de máis dun século.
Tras a conferencia, unha animada charla e uns momentos para a confraternización entre os asistentes.

6 de noviembre de 2009

Para ler: Anarcosindicalista nº 1



Ven de saír a rúa o número 1 de Anarco sindicalista como cabeceira resultado da unión das publicacións Solidariedade Obreira da CNT galaica e do Boletín anarcosindicalista da AIT-SP de Portugal.
Con textos tanto en galego como en portugués, os diferentes sindicatos da Asociación Internacional nas que tanto CNT como AIT-Sp están adheridos demostran como se pode traballar de xeito conxunto por riba das fronteiras artificiáis dos estados.

Podese ler aquí (en formato pdf)

2 de noviembre de 2009

Inauguración Publica do local. Conferencia de Juan Armada.

Un ano despois da presentación pública da CNT en Betanzos e despois de dous meses de actos internos (Pleno de Sindicatos, Cursos de Formación...). A CNT de Betanzos inaugura de forma pública o seu local coa presencia do noso compañeiro Juan Armada (Actual Sec. Xeral da CNT de Vigo).
O Conferencia sobre o estado do sindicalismo na actualidade e a alternativa da CNT será a partir das 12 horas da maña do Sábado 7.

1 de noviembre de 2009

Curso de formación Xurídica-laboral

Na foto: Rita Giraldez, momentos antes do comenzo do Curso.

Ao longo de todo o Sábado tivo lugar nos nosos locáis un curso básico de Xurídica-laboral. A compañeira Rita Giraldez (Secretaria de Acción Sindical da CNT Compostela) explicounos con exemplos prácticos a normativa,reglamentos, convenios e contratos que marcan a nosa vida laboral.

Durante 8 horas, vimos diferentes sentencias, convenios, conflictos nos que participou a CNT e as mellores maneiras de afrontalos. O coñecemento destes temas fixeron que os afiliados/as participantes saíramos confiados de que agora estamos mellor preparados.
Os despidos improcedentes e nulos, os contratos en fraude de lei, e os abusos patronáis precisan de militantes preparados e dun sindicato como CNT que fai da Acción Sindical Directa un dos seus eixos.
Gracias Rita. Todo un exemplo de Compañeira.