15 nov 2006

Nós levamos os mortos, eles os cartos. Outra morte máis.

O pasado 31 de Outubro o traballador José Manuel Abrodos Castro morreu víctima dun accidente laboral na empresa Mármoles Betanzos,morreu aplastado polo peso de varias planchas de pedra .O traballador de 38 anos de idade deixa muller e un fillo de sete anos;José Manuel ,oficial de segunda encarregado do corte da pedra tiña unha longa experiencia profesional no seu traballo polo que a versión oficial que da a empresa:"despiste","erro humano",etc,non casa moito coa profesionalidade e responsabilidade do posto de traballo que desempeñaba,lembremos que era o encarregado do manexo da ponte grúa.Algo cheira mal neste caso :deficientes medidas de seguridade no amoreamento do material,soportes en mal estado,nunha palabra neglixencia empresarial que acabou coa vida dun excelente compañeiro.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Accidente laboral= Terrorismo patronal.
Animo compañeiros.Arriba os que loitan.