Non levamos moitos meses con esto. O contador non ten moito máis dun mes. Non podiamos imaxinar que un nucleo da CNT, tan cativo como o noso, fora quen de ter tantas visitas. Alegramonos de que ainda que modestamente poidamos axudar o espallamento da nosa Organización. Ter visitas da moral sí, pero máis ainda que nos digan pola rua, que miran este blog, que xa é un referente de opinión en Betanzos, que lles parece interesante....
Celebramos pois con esta nova, un numero simbolico- 1000- esperando engadirlle outro cero sen esperar moito.
Estamos no seculo XXI é istas son as ferramentas para a propaganda. Grazas a un espazo como iste temos chegado a xente de Abegondo, Bergondo, Paderne... onde con outros medios seríanos ben dificil. Da CNT xa se fala na Comarca, agora fainos falla ese momento, ese conflicto... onde a Organizacion poida dar un salto cuantitativo que fortaleza o espiritu combativo e que nos leve a crear o Sindicato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario