Onte 29 de Xullo e organizado Pola Comisión da memoria Historica da Coruña, recordouse no barrio das atochas-monte alto, cun roteiro os lugares máis emblemáticos do anarquismo coruñes. Familiares dos homenaxeados e socios e amigos desta Comisión, en numero superior as 500 persoas, foron percorrendo e lembrando nomes e circunstancias daquel xa lonxe 1937, onde a rede anarquista coruñesa foi desmantelada despois da actuación de Garda Civil e dos elementos da falanxe local.
Desde Betanzos Libertario, recoñecemos unha vez máis o importante papel deste colectivo de persoas desinteresadas que como poucos están dando un exemplo de traballo serio e riguroso e que compoñen a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Cooruña.
Os nosos parabéns e agradecementos polos momentos tan emotivos que nos están facendo vivir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario