13 ago 2007

Memoria Historica: Homenaxe aos caídos pola LIberdade.

Na foto: Compañeir@s da CNT diante da fosa onde se atoparon os restos dos compañeiros asasiñados.

EXHUMACION COMBATIENTE DO BATALLÓN "GALICIA"

O pasado 11 de Agosto iniciáronse os traballos de exhumación dos combatentes do batallón “Galicia” que foron detidos e asasinados en outubro de 1937 cando intentaban regresar a Galiza tras caer o frente asturiano en mans dos "nacionales". Foron enterrados no concello de Grandas de Salime (Asturias) nas proximidades do Acevo, moi preto de Fonsagrada. Tras a primeira xornada de traballos apareceron seis corpos nunha fosa que podería haber entre 9 e 12 pero en principio crese que poderían ser 10. Existirían outras dúas fosas próximas unha con catro corpos e outra con José Moreno Torres,(ver o cantar recollido pola zona) comandante do batallón e destacado militante anarquista, que foi enterrado uns días despois tras ser brutalmente torturado polos seus verdugos, os falanxistas e a garda civil. A estes habería que sumar outros 2 que foron enterrados no cemiterio noutra fosa e que darían lugar os 17 totais.

Ó acontecemento asistimos militantes da CNT de diversos sindicatos de Galiza e Asturias para facer un pequeno acto de homenaxe a aqueles loitadores que tamén levaron un mundo novo nos seus corazóns. Que a terra lle sexa leve.
Información e fotos do noso compañeiro Alvaro. Grazas polo traballo informativo. Imoste nomear corresponsal (sen soldo eh!)

No hay comentarios: