23 oct. 2007

Acebo 1937-2007.Moreno e Compañeiros.

Andan os politicos a volta coa Lei da Memoria. Os nostalxicos do franquismo co argumento de non levantar feridas. Os partidarios da Lei co argumento de que así restituese a Dignidade dos perdedores....
As asociacións de Recuperación da Memoria veñen de sacar un manifesto decindo que esta Lei é insuficente, e nós, herdeiros da tradición libertaria e anarcosindicalista, preferimos non perder tempo en liortas politicas e defendemos sen ambigüedades que seguiremos reivindicando a nosa Memoria, o noso pasado, o noso presente e o noso futuro, con Lei ou sin Lei da Memoria.
Denunciaremos a Represión fascista do 36, o Reximen Franquista que naceu dela e o Pacto de Silencio da mal chamada Transición. E faremolo sen pedir permiso.
Apoiamos todos cantos actos e homenaxes se fagan en Memoria dos loitadores pola Libertade.En Betanzos, na Fonsagrada e alí onde Homes e Mulleres non teñan reparos en reivindicar o dereito a Dignidade. (ver todas as noticas sobre Memoria Historica)

No hay comentarios: