6 nov 2007

Os Libertarios e a loita contra Reganosa.


@S LIBERTARI@S E A LOITA CONTRA REGANOSAA DEMOLIZÓN: O ÚNICO XEITO DE CONSTRUIR FUTURO.

@s libertari@s opoñémonos á planta de gas, nacida da nefasta conivencia entre un empresario falto de escrúpulos, que viu unha oportunidade de negocio na construción en terreos de dominio público marítimo terrestre dunhas instalacións para as que non tiña a preceptiva autorización nin podería cumprir os requisitos legais para obtelos e unha administración corrupta ou ineficaz, que en vez de pórlle freo a esta ilegalidade decidiu facerse cómplice, evitando que tivera que someterse a Avaliación de Impacto Ambiental (que tería que considerar emprazamentos alternativos, o que descartaría o actual), participando nas inversións, construíndolle os accesos e mesmo aportando os mecanismos de intimidación do Estado para reprimir duramente protestas lexítimas, e pola falla de mecanismos de participación eficaces que permitan a implicación directa d@s afectad@s na toma de decisións que lles atinxen. E xustificamos a nosa oposición por:
- Motivos de Seguridade
-Impacto ambiental
-Os intereses que representa Reganosa.
-Cuestións sociáis e laboráis
......
Na comarca de Ferrol.Novembro de 2007.
Union Libertaria
S.O.V da CNT de Ferrol

O traballo completo atopase na web: http://www.reganosademolizon.org/

1 comentario:

Anónimo dijo...

Tes todiña a razón, pero estes carallos do bipartito prefiren comer o marisco doutra ría porque xa saben que comer unha mariscada da ría de Ferrol pode lles traer un problema de "gases" e logo ninguén pararía cos pedos de sus señorías.
E incompatible presumir de amar Galicia e non levantar barricadas contra Reganosa e o seu destrozo.
Canta hipocresía.