22 nov 2007

A ultima viaxe de Fernando Fernán-Gómez.


Perante o falecimento de Fernando Fernán Gómez, desde a Confederación Nacional do Traballo (CNT) queremos dedicar unhas liñas a sua lembranza, a dun home dedicado por enteiro à arte, abarcando-a en muitas das suas facetas e alcanzando logros notabilísimos.
Este mércoles, 21 de novembre de 2007, foi para nós un dia gris, porque nos deixou Fernando Fernán Gómez, autor, actor, director, e fondamente libertário en toda a sua vida e a sua obra para todos aqueles que o queiran ler a fondo e con sentido, como asi o quixo demostrar no seu último xesto, o de se abrigar con unha bandeira vermella e negra no seu cadaleito, no teatro da Plaza de Santa Ana en Madrid, símbolo do movimento obreiro anarco-sindical.
Fernando Fernán Gómez, ácrata vital, tivo sempre unha cercania e simpatia manifestas cara o movimento libertário. No en van, sendo ainda un adolescente, sua primeira formación artística tivo-a na escola de arte dramática que a CNT organizara no Madrid da Guerra Civil, onde recebiu clases de declamación da actriz Carmen Seco, tendo por compañeiros a outros que co tempo tamén foron grandes actores. Tan temprana formación, unida à sua voz profunda, fixeron del un dos casos máis singulares da nosa escena. Tamén relembrou noso actor en algunha ocasión as ensinanzas do seu tio Carlos, que queria imbuí-lo das ideas anarco-sindicalistas e da FAI.
A sua relación co movimento libertário e anarco-sindical español non acabou aí, senon que continuou coa sua presenza no mitin da CNT en Montjuic en 1977, e a sua pertenza activa no Sindicato de Espéctaculos de Barcelona adherido à CNT-AIT, durante a transición. E seu derradeiro xesto, cando foi a recoller o prémio Goya e realizou no escenário o xesto libertário de levantar e xuntar as mans.
Esta cercania aos ambientes libertários acompañará-lle sempre. En Fernán Gómez topamos unha sensibilidade especial face os desposuídos, os traballadores, os inconformistas. Non foi un artista de panfletos, nen falta que lle facia. Co seu saber facer fixo-nos rir, fixo-nos chorar, fixo-nos pensar: estamos, portanto, ante o artista total. Comprometido co seu tempo e coa sua arte. Agradecemos-lle, e moito, que non foxa un artista de glórias vans, de escaparate, de modas, un intelectual orgánico con tufo de salóns de poder.
Leva-te, compañeiro Fernando, un abrazo dos libertários e anarco-sindicalistas, que seguiremos disfrutando e aprendendo da tua obra, tavez a mellor homenaxe que se lle poda facer a un artista. Sit tibi terra levis.

No hay comentarios: