
Pero esta actividade cultural nón é exclusiva dos sindicatos. A CNT como ten unha larga Historia, ten ido creando Fundacións, Centros de Estudo ou Entidades que de maneira máis estable desenvolven o longo do ano, infinidade de actividades e edicións de libros e documentáis.
Hoxe chegounos ó noso apartado o Bicel nº 17 (Boletín da Fundación Anselmo Lorenzo). A FAL como é coñecida nos nosos medios é o arquivo de documentación histórica da CNT. O seu traballo en prol do espallamento da cultura libertaria é impresionante.
Outras entidades como o Centro de Estudos Libertarios Francesc Sábat, ou o Centro d'Estudis LLibertaris Federica Montseny, así como a Fundación Pío Sopena, a Escola Paideia, a Asociación Isaac Puente, O Ateneo Ramón Acin, Ateneo Gregorio Baticón e outros moitos que non mencionamos, fan unha rede de entidades relacionadas co anarcosindicalismo e que fan da CNT, algo máis que un sindicato.
En Galicia teñen unha larga experiencia as Xornadas de Compostela, das que temos falado aquí. E nos ultimos anos Ferrol, Pontevedra e Vigo fan tamen actividades neste sentido. Esperamos que en Betanzos pronto poidamos sumarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario