Por fin, remataron. Pero non nos van deixar descansar. Agora toca que os "sabelotodo" dos medios informativos, analicen, comparen, e nos recorden aquelo de "xa o dicia eu".... Pero como non queremos competir con tan bos analistas politicos como no mundo hai, imos facer un simple analise para que se comprenda como foi esto na nosa vila.
Podían ir........11.115
Foron.............. 8.544
Non foron....... 3.787
Ata aquí os números que comprendemos todos. Deixemos agora as porcentaxes tal e como as faría calquera de nós.
De cada 100 betanceiros ....
34 votaron polo PP
31 votaron polo PSOE
7 votaron polo BNG
5 votaron por outros partidos
23 non votaron por ningúen.
Pois nada agora non queda outra que esperar a eso de "ganaron todos".
PD: Como ainda por riba os partidos levanse moi mal entre eles e non se poñen dacordo, quere dicir que o 30% vai formar goberno e mandar nos demáis. Esto vale para todas e todos polo que a lei do número segue a ser a gran paradoxa da Democracia Representativa.
2 comentarios:
pobre betanzos gobernado po la dereita rancia do pp
Sí, pobre. Despois de 2O anos gobernada pola dereita rancia do psoe e ooutros catro gobernada pola dereita rancia do PSOE-BNG.
Agora temos que aturara á dereita rancia do PP-CxB.
¿Para cando unha esquerda rancia?
Publicar un comentario