e ademáis en Pontevedra enviaron este comunicado á prensa....
"A anarcosindical de Pontevedra se reconstituiu como sindicato na cidade en 2005,durante estes 3 anos o sindicato tense asentado presentandose coma unha opcion sindical enfrontada ao modelo de funcionamento doresto de sindicatos, que se xestionan coma empresas coa financiacion de miles de millons do ministerio de traballo, controlando aconflictividade obreira a traves dos comites de empresa e os miles de liberados que hai anos que non se presentan aos seus postos detraballo, que so fixeron nestes trinta anos de historia desmovilizar a clase obreira.
A CNT non acepta subvencions, non ten liberados e nonse presenta as eleccions sindicais, a CNT non pide o voto, senon que boga polas seccions sindicais e a forza da organización e a asemblea; un modelo autoxestionando e que plantexa a solución dos conflictos na accion directa, e dicir, a negociacion sen intermediarios entre ostraballadores e o empresario.
Nos ultimos 3 anos a CNT de Pontevedra ten triplicado o seu numero de afiliados e tense asentado con varias seccions sindicais e a resolucion de moitos problemas laborais dos seus afiliados e de traballadoresque se teñen acercado polo seu local sindical.
A CNT de Pontevedra a forman traballadoras e traballadores que se forman a si mesmosna practica do sindicalismo, que se apoian ante calquer situación, e que teñen a sua forza nesta union. Cando entras no local da CNT atopas atraballadoras e traballadores que deixan parte do seu tempo libre para solucionar os problemas de todos.
Xunto con Pontevedra nos ultimos anos teñense reconstituido os sindicatos da CNT en Ferrol e Lugo co pulo dun novo sindicalismo que comeza a moverse na Galiza."
Acompaña esta data, unhas Xornadas....
A semana do 21 o 26 de Abril e coma preparacion o 1º de maio a CNT invita a todolas traballadoras e traballadores ás II xornadas libertarias.
XORNADAS LIBERTARIAS 2008.
LUNS *Jose Couso: Crime de Guerra
*Proxeccion documental20:00/Aula do Pazo da Cultura de Pontevedra.
MARTES *A autoxestion editorial: a revista Renderen
*Membros do colectivo editorial Renderen20:00/Galeria Sargadelos.
MERCORES * O Anarquismo de Julio Camba*
Jose Angel Maquieira20:00/Galeria Sargadelos.
XOVES *A educación Antiautoritaria.*
de 10:00 a 14:30Proxeccion de Documentais.Presentacion dos proxectos:Maria Amada Traba. Sociologa.
16:30- 17:00.Iniciativa antiautoritaria Pumariños.
18:00-19:00.Escola O Pelouro.
17:00- 18:00.Facultade de Fisioterapia aula 3 2º andar.
14:30 oficina de Correos Pontevedra
*Concentracion Xornada Solidaria, conflicto Correos Vigo.*Contra o acoso laboral, por un servicio de correos publico e de calidade
VENRES*MANIFESTACION
Non a autorizacion ambiental ENCE-ELNOSA*Praza da Ferreria 20:30
SABADO **A Conflictividade no sector da Arqueoloxia:a negociacion do I Convenio daArqueoloxia en Cataluña e Galicia.
*membros da Seccion da CNT en CodexSalon de Actos Edificio dos Sindicatos 19:30
1 comentario:
Que pesaditos os robots. Aproveitan todo para facer publicidade....
Aupa esa CNT. Vemonos en Pontevedra.
Publicar un comentario