4 may 2008

1 de Maio de 2008. A CNT na rua.

PontevedraSevilla

Zaragoza
Madrid
Valladolid
Barcelona

Van aparecendo as crónicas do primeiro de Maio. A prensa suliña en xeral a baixa participación que van tendo ano tras ano os sindicatos chamados "mayoritarios" e que nos preferimos decir "burocracias sindicáis". Vai visto que neste tipo de sindicalismo, celebar o 1 de Maio non ten sentido, agás para pasear os liberados que supoñemos que cobrarán o ter que traballar en "festivo" como horas extras.
Pero para os cenetistas, sí que esta data serve de "pulsometro" da nosa actividad sindical. E se demostra día a día e desde o ano 2001, que esta Confederación está a rexurdir. Nas fotos de Sevilla, Madrid,Barcelona, Zaragoza,Valladolid... e na primeira que corresponde á nosa manifestación en Pontevedra, podese ver sen necesitar de mil palabras, como a CNT non só está viva, senon con más ilusión que nunca.
Os sindicatos da Rexional Galaica están tamén a medrar. Pontevedra foi o lugar elexido este ano para darlle máis forza a este sindicato que levaba 30 anos sen presencia na vila. E agora rexurde con forza.
Os compañeiros de Betanzos e comarca que fumos ata alí, viñemos animados de ver que a CNT vai pouco a pouco sendo quen de chegar ós traballadores tan decepcionados como están do sindicalismo de Comités e subvencións. O Sindicalismo de base ten un nome: Anarcosindicalismo, e iste non pode ser outra cousa que a Confederación.
Agora chega o momento que as recentes creadas seccións de Hostelería, Comercio, Informática, Ensino,Metal poidan ser o xerme de futuros sindicatos de ramo, nas diferentes vilas de Galicia.
Neste maio de novas enerxías, anunciamos para os compañeiros que visitan este blog, que este nucleo confederal se prepara tamen para novas afiliacións. Nas proximas semanas concretaremos a adhesión de novos compañeiros que farán duplicar o noso modesto de momento grupo confederal.






1 comentario:

Anónimo dijo...

Salud compañeros.

Una alegría ver que la Confederación también crece en vuestra localidad y que afrontais el futuro con ilusión.

¡Mucho ánimo!

Un compañero de Sevilla