8 jun 2008

Futbol, selección nacional, patrones y anarcosindicalistas.



Ben podía ser unha tese doutoral ou un best seller, pero contentamonos nestes tempos de futbol e defensas patrias, en utilizar como gancho -o futebol- un asunto que pouco nos importa, pero que ten relación directa cun conficto sindical.
Os compañeiros de Compostela non deixan de recordarlle a un patrón-ladrón da Hostalaría compostelana que ainda que que intentente relaxarse o fin de semana, vai ter que ir xogar a Brasil e ainda así non lle vai sair de gratís. Do Eduardo non cae da "burra e vai chupar banquillo" e algunha cousa máis.
Mentras os traballadores e explotados do mundo (que ainda hai a pesares dos que anuncian o fin do proletariado) temos aspiracións mundanas e non andamos a perder o tempo con que Seleción Nacional nos representa máis- se os do pantalón azul ou os da camiseta "colorá". Pero dar patadas- ay, eso sí- eso gustanos como ó que máis.
Pois como non íamos a quedar fora do carro da modernidade, ahí vai a nosa proposta BAKUNIN C.F. e por riba mixto, para escarnio da "Santa Madre Iglesia". A saber que farán cando remate o partido. De momento contentamonos con meterlle unha boa a Don Eduardo Finikito. Dentro de pouco iremos por metas máis altas. O Sr Roig De Mercadona que xoga na Champion Ligue xa pode dar boa conta.

No hay comentarios: