Xa está na rede o número 348 do "cnt". Continuan os compañeiros extremeños coa grande laboura dos seus antecesores de anteriores etapas (madrileños, granadinos e bilbaínos), facendo de esta publicación un referente indispensable dos cenetistas.
Como veredes se continua a tratar temas de conflictos laboráis e sociás, artigos de opinión e novas varias das actividades dos sindicatos así como páxinas enteiras adicadas a cine, teatro e libros.
A comodidade da rede permetenos visitar este xornal desde calquera lugar, pero para os amantes do papel impreso, recordamoslles que en Betanzos tamán poden adquirir o "cnt" suscribindose ou pedindoo no noso enderezo postale ou electronico. Tamén poñemos un exemplar na mesa de periodicos da Biblioteca Pública. Alí tedes tamén os números anteriores.
PD: Agradecemos aos nosos suscritores a compra do xornal que serve ademáis para ir ampliando os nosos contactos. O precio do exemplar é desde agora 1,50 euros . Imos aumentar o pedido de exemplares que vendemos á man entre os compañeiros/as de Betanzos. Tamén queremos invitar a participar tanto na elaboración de escritos, como na venda ou reparto gratuíto (bibliotecas).
No hay comentarios:
Publicar un comentario