10 mar 2009

Xornadas Anarcosindicalistas en Compostela.

Temos falado moitas veces do papel que xogan as Xornadas Libertarias no espallamento das ideas e metodos organizativos do anarcosindicalismo. Pero desta volta trataremos dun tipo diferente de xornadas, xa que o seu fin é a formación dos afiliados.

Nos días 20,21 e 22 deste mes, nos locais da CNT compostelana teremos a posibilidade de escoitar, debater e compartir sobre asuntos que nos afectan directamente nas nosas vidas como militantes cenetistas.

Coñecer a nosa História, a Organización actual, as maneiras de facer nas empresas, e os coñecementos básicos sobre o mundo laboral, serán os apartados que trataremos de forma colectiva.

A Federación Local de Compostela convoca a todos os afiliados/as da súa localidade e invita aos de toda Galicia a participar nesta experiencia novedosa e tan necesaria nun momento de crecemento e onde vese necesario que os novos militantes coñezan aspectos que lle servan de ferramenta para a consolidación da CNT nos seus lugares de residencia e traballo.
.
Ponencias.:

Venres 20, ás 19,30 H. As seccións Sindicáis e a CNT na Empresa.

Sabado 21, ás 11 H. Estructura e funcionamento de CNT.

Sabado 21, ás 17 H. História do Anarcosindicalismo.
.
Domingo 22, ás 11 H. Formación Laboral básica.
.
Entre os horarios de traballo e dentro do ambente de confraternidade que esperamos, se farán comidas entre todos os asistentes que queiran, e mesmo o sábado á noite, dous compañeiros nos farán unha pequena interpretación músical.
.
Aqueles compañeiros/as de Betanzos e Comarca que queiran asistir, poderán enviarnos un correo a betanzos@cntgaliza.org ou ben poñerse en contacto telefónico cos enlaces.

No hay comentarios: