4 abr 2009

Ponteareas Libertaria.




Nesta nova "marea negra" que chega desde moitos puntos do noso país, unhas novas xornadas para este abril libertario que anticipa un Primeiro de Maio movidiño. Falamos de Ponteareas e o Ateneo Libertario "Lume Negro" que nos presentan o seu blog e as súas xornadas...

"O Ateneo Libertario Lume Negro invítate ás segundas Tardes Libertarias que se van acelebrar os vindeiros días 17 e 18 de abril en Ponteareas, na Casa dos Veciños eVeciñas de Angoares. O lema destas Tardes é: “A Educación,... libre?”. Aproveitamos tamén a ocasión para presentarche unha nova ferramenta para desenvolvera nosa actividade cotiá, un blog, que atoparás no enderezo web:http://lumenegro.blogspot.com/ Esta iniciativa do Ateneo pretende converterse nun punto de encontro dos diferentesmovimentos sociais onde poder informarse, comunicarse, debater e afondar nas redesda resistencia contra o capitalismo así como fortalecer as loitas locais e globais. Agardamos os teus comentarios, aportacións, críticas e suxestions para mellorar estaferramenta así como a acción do propio Ateneo Libertario".
.
Desde Betanzos Libertario desexamoslles moito acerto e larga vida


No hay comentarios: