3 may 2009

8 de Maio. Asemblea Xeral.

Na foto: Compañeiros de Betanzos na manifestación do 1º de Maio en Ferrol.

A toda a afiliación:
O Venres 8 de Maio e ás 20 horas, o SOV Betanzos terá unha asemblea, a primeira desde a Legalización do Sindicato no SMAC e a aceptación dos nosos estatutos e integración na Rexional Galaica da CNT.
O aumento da afiliación nos ultimos días obriganos xa a decidir a composición do Comité Local e a procura dun local como sede. O aumento do Paro na comarca e a situación na que están unha parte moi importante dos compañeiros obriganos tamán a dar unha resposta contundente.
Así que vos recordamos a importancia da asistencia.
Orde do día.
1. Formación de mesa e actas.
2. Elección de Comité Local:
Sec. Xeral
Sec. de Organización
Sec. de Contas e Tesoureiría.
Sec. Xurídica.
Sec. Prensa e Propaganda
Sec. Acción Sindical
Sec. Acción Social.
2. Alternativas e posibilidades para un local como sede do SOV.
3. O Paro na Comarca. Analise e propostas de actuación.
4. Asuntos varios e novas propostas.
Recordamos que para a asistencia e voz haberá que presentarse co carnet confederal e poñerse ao día na cotización. Tamén poderán asistir invitados interesados en afiliarse pero que non terán voz nin voto ata que formalicen a súa afiliación.
Tamen queremos informar aos afiliados que non asistiron ás asambleas anteriores, que o numero de cotizantes tense duplicado nestes dous ultimos meses, polo que o sindicato precisa xa da militancia de todos para poñer uns cimentos sólidos.
Saúde.

2 comentarios:

sección sindical cnt-tve-galicia dijo...

Moito ánimo Betanzos.

xulio dijo...

onde esta o video do 1 de maio de ferrol que non o atopo por ningun lado!?