22 may 2009

Solidariedade con Ratabot Trivunac

Desde Belgrado...

"...Ratibor Trivunac, militante da Confederación de Sindicatos “Anarcho-syndicalist Initiative” (ASI) e Secretario Xeral da Asociación Internacional dos Traballadores, foi condenado onte á tarde con dez días de prisión pola queima dunha bandeira estadounidense no centro de Belgrado.
Un grupo de anarquistas organizóu unha protesta non autorizada como respossta á visita do Vicepresidente estadounidense Joseph Biden a Belgrado. Durante a protesta, Trivunac que foi quen leu un comunicado condenando a labor dos Estados Unidos no fomento dol Capitalismo, as guerras, a explotación e a discriminación no mundo.
Goran Milutinović, xuiz do distrito de Belgrado, sentencióu á Ratibor e ordenóu a súa inmediata entrada en prisión sen darlle oportunidade de apelación. Outros compañeiros que tamén foron apresados foron liberados sen cargos. Os nosos advogados están tratando de apelar durante o día de hoxe a sentencia.
A queima da bandeira é un acto simbólico de protesta e atopamos as accións do Xuiz Milutinović escandalosas..."
Desde Betanzos queremos mostrar o noso total apoio a Ratabot e as compañeiros que atopan tantas dificultades por parte do estado Serbio para o espallamento do anarcosindicalismo.

No hay comentarios: