15 jun 2009

¡¡ Loitar contra o Paro é posible.!!


Este martes 16, coincidindo con día de Feira, a CNT de Betanzos reparte o seu primeiro manifesto. Estivemos na oficina do INEM e aproveitando a cantidade de xente da Comarca que ven á Feira, estaremos na Praza do Campo.

Esta tarde acudiremos ás empresas e polígonos industráis. A voz e a forza da CNT está na rúa.


A TÓDOLOS TRABALLADORES


Hoxe máis de 4 millóns de parados formamos o “batallón de reserva” ao que a patronal ofrece contratos basura, pois basura nos consideran. A contagotas e precarios. Tamén ofertan, medo e perda de dereitos dos que están ocupados. Escravos asalariados e traballo basura é o que Estado, patronal e sindicatos traidores nos propoñen para pagar a súa CRISE.
Agresión brutal á que debemos dar resposta, tanto parados coma traballadores en activo iniciando unha loita sen tregua esixindo un razoable reparto do traballo e dos recurso.


¡LOITAR CONTRA O PARO É POSIBLE!


- Xornada de 30 horas sen redución salarial.
- Supresión de horas extras e destajos.
- Xubilación aos 55 anos co 100 % de salario.
- Prestación de desemprego ata a recolocación.


A CNT de Betanzos anima a tódolos traballadores, activos e en paro, a organizarse para tomar medidas contra esta situación de enganos, roubos e abusos. As nosas ferramentas: A unión, a solidariedade e o apoio mutuo, a acción directa, a rabia que enxendramos dentro día a día no traballo ou nas colas do paro.


NON TEMOS LIBERADOS NIN PARTICIPAMOS NAS ELECCIÓN SINDICAIS.

NON NOS DEIXAMOS MANGONEAR.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hoy dos compañeros de este sindicato nos hemos instalado en las oficinas del INEM en Betanzos de 9 a 10 de la mañana repartiendo nuestro primer panfleto. A continuación y aprovechando la Feria hemos dejado casi 400 panfletos mas entre conversaciones que manteniamos con unas cuantas personas que mostraban su alegría al ver que la CNT estaba en Betanzos.
Nosotros también animados por ver esa respuesta en la gente les informamos que en breve abriremos nuestra sede en Betanzos. Hubo alguno que emocionado se despedia de nosotros levantando el puño y gritando ¡Salud Compañeiros!

No estamos solos.
¡estamos dispersos!
¡ORGANIZATE Y LUCHA!
Salud y anarcosindicalismo

Anónimo dijo...

Maravillosa a vosa trayectoria, seguide así.
Sodes exemplo para moitos nucleos galegos.

A CNT medra a CNT se recontrue.
A CNT ten que estar na rua.

"No estamos solos.
¡estamos dispersos!"