As Seccions Sindicáis. Un modelo diferente.
A Sección Sindical é o grupo de traballadadores dunha empresa afiliados á CNT. Cando se forma (e decir, cando deciden notificar á empresa que a sección existe), elixese un “Delegado", que será a persoa que fale coa empresa no nome da Sección. A partir deste momento, a empresa sabe que a CNT está presente, ainda que non quera recoñecela nen nos dea os dereitos que teñen as seccións dos sindicatos que están no Comité de Empresa. Todas as seccions sindicáis dos sindicatos presentes na empresa, teñen delegado ainda que non formen parte do comité.
O comité de empresa está formado polos “delegados de persoal” elexidos nas eleccions sindicáis. O delegado da Sección da CNT fala en nome da súa sección, e de acordo con ela; o delegado de persoal de UGT,CIG ou CCOO decide o que él quere porque foi votado nas eleccions e ten ese poder independentemente das opinions dos traballadores, a quen representa pola lei.
Non nos presentamos ás eleccions.... Entonces... ¿en qué nos basamos?
- Na decisión desde a base, nas asambleas do sindicato. Cada sindicato ten autonomía de actuación no seu ámbito e localidade. Cada afiliado tien voz e voto en todos os asuntos que teña que acordar a seu sindicato.
- Na solidariedade e no apoio mutuo que son as nosas mellores armas. O conflicto de calquera compañeiro convirtese no noso. A responsabilidade do militante da CNT á hora de defender ós seus compañeiros y á organización é a nosa mellor identificación.
- Na acción directa. Os traballadores afectados deciden por se mesmos as actuacións a realizar porque é a súa responsabilidade.
- En que nos negamos a participar nos comités e defendemos as seccions sindicáis. Porque pensamos que son as que teñen que ser a voz real de cada sindicato e as únicas que deben ter a capacidade de negociar. E decir, propoñemos facer sindicalismo e non política.
- En que defendemos a asamblea para que sea o espacio de decisión conxunta, onde os traballadores somos conscientes da nosa capacidade. Cando os traballadores negan a delegación das súas funcions ós profesionáis da xestión sindical.

A lexislación laboral actúal está montada pra favorecer a representatividade das grandes corporacions sindicáis, cerrando o paso ós sindicatos máis pequenos. Así, tanto a patronal como o estado aseguranse de que calqueira auténtica reivindicación obreira queda filtrada e afoagada polos burócratas sindicáis, xa que a lei establece que son os únicos interlocutores válidos con quen negociar. Este é un exemplo da nula democracia que impera no noso réxime actual, que de igual xeito que establece a oligarquía de partidos na política, fai igual cos sindicatos no laboral.
Os sindicatos considerados máis representativos pola actual lexislación laboral teñen capacidade de negociar por “irradiación”, e decir, en nome de todos os traballadores. A pesares desto non quere decir que a CNT non poida asinar acordos coa empresa. Esto son cousas que outros sindicatos din en contra da CNT: “que non poidemos asinar nada”. Falso. E certo que os acordos coa CNT no chegan a ser Convenios Colectivos. Chamanse “Pactos Colectivos Extraestatutarios”,que só son efectivos para os asinantes do mesmo, e decir, a empresa por unha banda, e os afiliados ó sindicato asinante do pacto por outra ,e máis os traballadores que libremente se adhiran a ese pacto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario