foto: Concentración en Compostela (5-sep-2009)
As prácticas de contratación temporal non son exclusivas de Gadis, e sí da meirande parte das empresas do Sector. Postos eventuáis onde debería haber contratos indefinidos...
O mes de Setembro o noso recente sindicato de Betanzos vaise centrar en denunciar estas prácticas sendo este o noso primeiro comunicado.
Lorena, é unha traballadora afiliada na CNT,que levaba máis de un ano a traballar no Gadis de Laguna de Duero (Valladolid). O pasado 21 de Xullo terminaba o seu contrato aínda que un mes antes confirmaronlle a renovación e facerlle un contrato indefinido. De feito, ela traballou varios días das súas vacacións par facilitarlle a empresa a tramitación. Poucos días antes da renovación (non cumpren o prazo legal de 15 días) comunicanlle que quedará no paro. O capricho de sabe que encargadito de zona con animo de medrar, deixa sen traballo a unha persoa, felicitada polo seu ben facer. Un posto permanente nun supermercado de Gadis, a base de contratacións eventuáis. E así estamos. Crean postos de traballo sen ningún tipo de garantías de estabilidade, aínda que traballes ben.
¿Porqué en Betanzos denunciamos un feito que ten pasado tan lonxe?
Porque somos anarcosindicalistas e non entendemos de fronteiras nen distancias. A nosa forma esencial de sindicalismo é a Solidariedade e a Acción Directa. Cando un compañeiro ou compañeira da CNT é agredido, todos somos agredidos, e todos respondemos.
O día 17 temos pensado facer actos de denuncia nos Gadis de Betanzos, Miño e Sada.
Pásate polo nosa sede en Betanzos. Poderás informarte sobre o teu contrato e os teus dereitos mínimos (vacacións, horarios,salarios).
CNT
Rua San Francisco 40 1º
15300 Betanzos
(Na porta da pontenova)
tlf: 699.582.005
betanzos@cntgaliza.org
Pásate polo nosa sede en Betanzos. Poderás informarte sobre o teu contrato e os teus dereitos mínimos (vacacións, horarios,salarios).
CNT
Rua San Francisco 40 1º
15300 Betanzos
(Na porta da pontenova)
tlf: 699.582.005
betanzos@cntgaliza.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario