Son moitos os concertos, exposicións e conferencias que a CNT ten programado. Para podelas ver todas deixamos de forma permanente o enlace coa páxina oficial do centenario.
En Betanzos Libertario seguiremoss de xeito máis pormenorizado todas aquelas actividades que se realicen en Galicia e por suposto as que fagamos en Betanzos.
De momento estamos a preparar a Exposición relativa ao Centenerio da "Solidaridad Obrera" xornal que desde 1907 foi sempre o referente da Historia do anarcosindicalismo ibérico. Esta exposición fáremola no Liceo de Betanzos no 2010.
Tamén temos pensado realizar ao longo de todo o ano, diferentes conferencias sobre a Historia do anarcosindicalismo e moitos dos seus aspectos culturáis...... esperando contar cos mellores coñecedores do Movemento Obreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario