12 ene 2010

Denuncia da impunidade


Chéganos esta convocatoria en Betanzos:

Desde hai bastantes anos as denúncias por rigor desnecesário e torturas son constantes no módulo de isolamento deste centro penitenciário

As primeiras de que se tivo coñecimento son do ano 1999. O 3 de Decembro deste ano o próprio xulgado de vixiláncia penitenciária da Coruña (Expediente 9108/99) ditou auto en que criticava a actuación dos funcionários deste módulo e
declarava non axustadas a direito as medidas tomadas contra alguns internos: suxeición mecánica (alxemas con grilletes) durante catro días e isolamento provisório durante cinco días.
Estes feitos non transcenden facilmente dado que, como norma, os presos son transladados despois de se ter producido a agresión
Nesto, son varias as denuncias interpostas por varios presos a raíz do que os medios de comunicación deron en chamar o "Motín de Teixeiro"...
O próximo día 19 de xaneiro, está sinalado xuizo de faltas con varios funcionarios imputados: faise importantísimo que se vexa o apoio da sociedade aos presos denunciantes...
Xa sabedes, ás 10:00 horas na praza de diante dos Xulgados de Betanzos...

http://denuncia.info/

No hay comentarios: