Betanzos Libertario ven desde o seu nacemento, recollendo noticias que por lonxanas non deixan de parecernos moi interesantes porque marcan un camiño a seguer. Hoxe paramonos en Rota (provincia de Cádiz), onde unha plataforma de parados e a CNT local, levan varios meses de movilizacións, demandando traballo e control nas contratacións do Concello.
Outras movilizacións van directamente contra as obras onde se fan horas extras. Para qué queremos sindicatos como UGT e CCOO que tendo tanta afiliación no sector, fan a vista gorda e permeten que mentras uns traballan 12 horas, outros leven apuntados nas listas do INEM meses e meses e con poucas ou ningunha esperanza de que esto vaia a cambear. Non queremos reparto do traballo nos discursos, Queremolos na práctica e xa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario