19 jun. 2010

A CNT de Betanzos estivo na rúa.


Onte á tarde máis de medio cento de persoas concentramonos na praza do campo de Betanzos para denunciar a Reforma Laboral do governo e facendo un chamamento aos traballadores desta vila a se organizar na CNT.
Asímesmo convocouse aos presentes a participar na manifestación unitaria dos sindicatos da CNT Galaica do próximo sábado 26 en Compostela.
O SOV de Betanzos considera todo un éxito a convocatoria xa que nunha vila pequena e "morta" sindicalmente a presencia da CNT é todo un aire limpo e fresco. O acto serviu para demostrar á nosa presencia e rematou coa petición de novas afiliacións.
CNT na rúa!
CNT na Loita!

1 comentario:

Santiago dijo...

Ánimo Suso estás a facer de Betanzos o novo referente libertario de Galicia.