3 jul 2010

18 de Xullo. Xira libertaria aos Caneiros


O Domingo 18 de Xullo, a CNT de Betanzos vai organizar unha xira libertaria aos Caneiros. Escollemos esta data, porque no 18 de Xullo de 1936, tiñase organizada unha que tivo que suspenderse por coincidir coa sublevación militar e fascista.
Neste ano, e celebrando o noso primeiro ano desde a constitución do noso sindicato de Betanzos, queremos celebralo invitando non só aos nosos afiliados e afiliadas senon as súas familias e amigos.
A barca alugada ten 50 prazas, e o precio por persoa será de 12 euros, incluíndo neles o desprazamento polo Mandeo e a comida.
Se queredes ter praza, poñedevos en contacto co sindicato de Betanzos o antes posible pois calculamos que superaremos as prazas disponibles.

No hay comentarios: