...Rebasamos o ecuador do mes de Agosto. Betanzos vistese de globo, de caneiros, de xente nas rúas de festas varias. O Mundial de futbol pasou (uff!) e cando termine de estoupar o globo (o globo da ficción na que vivimos) imos ter que apostar para o futuro: Ou máis capitalismo ou.....
E nós non estaremos agardando o resultado. Non queda outra que continuar traballando. O paro aumenta e no sindicato notáse. Para algúns os problemas serán outros, pero nós temos que centrarnos nos prioritarios. Os sindicatos do Rexime nos teñen preparada unha convocatoria de Folga Xeral (que non será tal senon un paro de 24 h, porque Folga é outra cousa), e o 29 de Setembro, algo teremos que opinar e facer...
.
.
Como sempre nestas datas, vos deixamos cousas para ler e reflexionar. Setembro vai vir quente. Seguro.
A CNT estáse preparando para afrontar un esperable crecemento. No noso X Congreso en Decembro (Córdoba) teremos que saír fortalecidos para que o noso modelo sindical se convirta xa nun referente. O ano do noso centenario ten que ser máis un pensar no futuro que un recordo da nosa historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario