O Sindicato de Oficios Varios de Betanzos da C.N.T. convoca a todos os seus afiliados e simpatizantes, e a todos os traballadores de Betanzos e Comarca á concentración e manifestación que partirá da Praza do Campo ás 11 da mañan.
Contra a Reforma laboral....... Folga Xeral.
A CNT chama á participación na folga xeral do 29 desetembro contra a reforma laboral e os recortes sociais
Na Galiza, as condicións de traballo nunca foron boas. Nin no mundo domar, nin en terra, as clases traballadoras teñen desfrutado de salariosdignos, xornadas horarias razonábeis nin condicións de seguridade notraballo e estabilidade no emprego. E, malia todo, un goberno chamado“socialista” ven de dar unha volta de rosca máis, aprobando unha reformalaboral para facilitar o despedimento, para introducir a máximaflexibilidade dos contratos, para impoñer a mobilidade xeográfica efuncional.
Diante desta agresión, toda a forza é pouca. Resulta indispensable a uniónde toda a clase traballadora na defensa dunhas condicións de traballomínimamente dignas. Non hai que enganarse, os partidos maioritarios (PSOEe PP) e boa parte dos minoritarios traballan a prol da imposición destareforma laboral. O empresariado agarda estes cambios para controlar conmáis facilidade á clase traballadora e maximizar os seus beneficios comínimo risco.
Fica claro que non hai nada máis inxenuo que pensar que osindicalismo criado nas ubres do PP e do PSOE vaia ser quen de darlle avolta a esta situación.A folga xeral do 29 de setembro é a oportunidade de todas e cada unha daspersoas de exercer a súa opción personal diante dunha serie de recortesque nos afectan como pensionistas, como traballadores e como pais e naisde persoas que traballarán no futuro. Todo o mundo vai verse afectado poresta reforma e un fracaso da folga xeral abriría a porta a novos ataquescontra as persoas que traballan, para beneficiar aos que viven do sudoralleo.
Con toda a razón, a clase traballadora non confía no sindicalismoparasitario dos liberados e dos cursos de formación. Mais o feito de nonparticipar na folga xeral do 29 de setembro e nas mobilizacións contra osrecortes sociais, non fai outra cousa que deixar as mans libres para queoutros aínda peores, os partidos maioritarios e o empresariado, fixen ascondicións da nosa vida laboral.
Se realmente estás contra uns e outros, enon eres un falabarato, só hai unha alternativa: a organización autónomado conxunto dos traballadores en asambleas e organizacións de claseindependentes do estado, dos partidos políticos e do empresariado.
Se ninguén traballa por tí, que ninguén decida por tí!!!
Facemos un chamamento a toda a cidadanía para participar na folga xeral enas mobilizacións do 29 de setembro, contra a reforma laboral e osrecortes sociais. Adiante coa folga xeral!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario