29 sept 2010

A CNT manifestouse polas rúas de Betanzos


A convocatoria de Folga Xeral do Sindicato Labrego para as comarcas ruráis, contou en Betanzos coa participación da CNT local. Labregos e traballadores da Industria e dos Servicios, xuntamonos nunha mesma loita nesta xornada, que pasará a Historia do sindicalismo betanceiro como un punto de rexurdimento do movimento operario.
Máis de medio cento de persoas acompañaron ao noso sindicato que pouco a pouco vai contando con novas afiliacións. Ao remate da manifestación, a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego, deu as grazas á nosa Organización por potenciar a loita na comarca. E a CNT agradece do mesmo xeito ao SLG a súa colaboración.

No hay comentarios: