Estos días atopamonos nas rúas de Betanzos con cartéis do sindicato CIG relativos ao ERE de Emesa na planta que ten no Poligono de Pedrapartida en Coirós. Desde Betanzos Libertario e desde a CNT de Betanzos, queremos mostrar a nosa completa solidariedade cos traballadores desta empresa que levan xa e desde fai varios anos, continuas reduccións de plantilla e despidos arbitrarios. Para máis insulto a nosa dignidade, a empresa incumple reiteradamente os acordos aos que tiña chegado cos representantes dos traballadores.
Isolux Corsán, propietaria de Emesa ten un desinterés total en salvar esta empresa recurrindo unha vez máis a subcontrata de servicios a empresas externas, en traballos que ata agora viñan facendo empregados desta factoría.
Moitos destes traballadores que son veciños de Betanzos, vense abocados ao paro. Paro que nesta vila equivale a decir paro de larga duración, vistas as poucas espectativas que esta comarca ofrece en canto a emprego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario