Dous delegados no X Congreso
Un Congreso na CNT ven sendo algo así como unha asamblea, coa salvedade de que aquí cada un fala dun xeito distinto. Acentos do norte, acentos do sur, xentes do campo, xentes das grandes vilas. Mozos e mozas de vinte anos, e mozos de noventa. ¡Qué de xente!. Por riba, son dos que gustan falar, berrar, dar mitines. Algún que fose por vez primeira vai quedar pasmado, e máis dalgún vai coller medo.
Vai pasando o tempo, e a xente toda empeza a comprender. Parece ás veces, que entre eles hai discrepancias serias. Un amigo cóntame que eses que agora se enfrentan, mañan darían a súa vida por pelexar e sacar dun problema ao seu "contrincante".
¡Que de anarquistas xuntos! No menos de 600. Se as batallas fosen sempre de Ideas, estes serían a élite da paisón. Nos descansos pola contra, parecen seres normáis.
Os estranos verían caos onde nós vemos enerxía. Hai que sabela encauzar, para que tal remuiño de ideas e forzas vaian de frente contra quen nesta sociedade nos quere ver durmindo.
Esto foi, é, e será a CNT. Transimisión das ideas e experiencias. E que nunca falle un sorriso. Na revolución van facer falla xestos así. Como esas facianas da nosa fotografía.....
Adicado aos nosos amigos/as lectores dos 116 sindicatos que alí estivemos.
Saúde e CNT.
No hay comentarios:
Publicar un comentario