22 ene 2011

CNT gana nova Indemnización Empregada Fogar


Tan certo é que os traballadores estamos a aturar unha situación cada vez pior, como que entre nós son as mulleres e máis se son inmigrantes as que teñen que sufrir a maior das explotacións.
Recentemente este sindicato tivo que negociar directamente un despedimento dunha muller que traballaba como empregada de Fogar. Trás anos de dedicación ao cuidado dunha persoa maior, e sen haber ningún motivo aparente agás o intento da familia de reducir costes e atención, a nosa compañeira, recibe sen máis explicación unha carta comunicandolle o cese da relación laboral.
O que parece non sabía o contratador é que ainda que poucos, as empregadas de fogar tamén teñen certos dereitos e que o incumplimento das obrigas son denunciables. Tres anos sen días libres, tres anos de traballo e atención, non poden ser anulados sen indemnización.
Novamente este sindicato soubo asesorar á traballadora, que ven ao local da CNT, local que pagamos os afiliados dos nosos petos, porque as xestorías subvencionadas (aínda que se queiran chamar sindicatos) e que teñen locáis cedidos pola administración (Av. de A Coruña/Parque Pablo Iglesias) nin "comen nin deixan comer". Os seus locáis levan anos pechados e ruinosos, pero tampouco deixan que os traballadores organizados os ocupemos.
7 días de indemnización por ano traballado, o pago de todos os festivos e días libres e o ultimo mes completo, fixeron que a nosa compañeira poudera cando menos paliar a inxustiza do despido cunha cantidade que sen asesoramento e negociación directa co contratador nunca houbera recibido, porque sempre hai quen se aproveita da ignorancia dos nosos elementáis dereitos.
.
.
Temos no local a taboa actualizada segundo os novos salarios mínimos aprobados polo "des"Goberno" español.

No hay comentarios: