26 feb 2011

Aquagest: Continuan os despidos na Piscina municipal


A CNT de Betanzos quere facer chegar a opinión pública a denuncia da politica laboral que Aquagest Galicia está a ter na concesión da xestión das intalacións deportivas de Betanzos.
Fai poucos meses que o noso sindicato denunciou o despido de dous traballadores (un monitor do xinmasio e un monitor da piscina). Estas dúas persoas ademáis de ser parte do persoal con máis anos de servicio, incluso antes de Aquagest collera a xestión no 2005, eran sen dubida dous dos traballadores de máis grande cualificación para o seu traballo.
Agora, Aquagest que deixou pasar este tempo, quizáis para calmar as augas, regresa coa súa politica de despidos, e curiosamente tamén co persoal de maís antigüedade. Pola contra, e para suplir estas baixas, contrata monitores moi xovenes, sen experiencia e con contratos a fin de obra ou a tempo parcial.
Todo o mundo en Betanzos, sabe os nomes dos despedidos. Todo o mundo en Betanzos saberá o nomes dos que van ser despedidos, se Aquagest non cambia a súa politica actual.
E nós preguntamoslle ao Concello, responsable último de todo canto sucede, se non vai tomar cartas no asunto. Se as palabras de defensa do traballo e creación de emprego son palabras vacías ou electoráis. Preguntamoslle ao Concello se vai defender os postos de traballo dos seus veciños ou se vai mirar para outro lado.
Desde logo, a CNT, xa está a tomar as medidas de presión que poñan fin a esta politica que aumenta o grado de insatisfación e as queixas dos centos de usuarios destas instalacións. Usuarios que pagan todos os meses un servizo que emperora a pasos de xigante.
Sexan publicas ou sexan xestionadas por empresas privadas, os betanceiros esiximos calidade no servizo e respeto aos dereitos laboráis.

No hay comentarios: