Usuarios das piscinas e das intalacións deportivas de Betanzos, teñen iniciado unha campaña de recollida de sinaturas para manifestar o seu malestar á política laboral de Aquagest, tal e como manifestamos neste sindicato anteriormente.
Todo un exemplo de como é posible a solidariedade e a loita social, desde puntos de vista distintos. Esperemos que con esta medida a empresa se pense moi moito o que fai, pois o conflicto laboral vaise a coverter nun conflicto local. O descontento entre os usuarios é moi grande.
Animamos a todos os lectores de Betanzos Libertario a espallar a noticia e as follas que estanse a repartir entre a poboación.
o texto que nos envían dí:
"Os abaixo asinantes, usuarios/as das intalacións deportivas de Betanzos, queremos manifestar o noso malestar pola política laboral de Aquagest, que ten a concesión da xestión de ditas intalacións, e que está a despedir ao persoal de máis antigüedade e de máis caulificación (monitores da piscina e do ximnasio) para ser sustituídos por novos empregados con contratos precarios e a tempo parcial.
Todo esto repercute ademáis, no deterioro dos servizos prestados, polo que todos os usuarios estamos a pagar en realidade, redución de custes e o aumento dos beneficios dunha empresa privada que ben podería estar xestionada polo Concello directamente."
No hay comentarios:
Publicar un comentario