24 abr 2011

A CNT de Betanzos chama a participar no 1 de Maio en Ferrol



Manifestación 1 de Maio.





Ferrol 12:30 Horas





Av. Esteiro (local da cnt)









O SOV de Betanzos da CNT, chama a participar na manifestación deste 1 de Maio na cidade de Ferrol xunto ao resto dos sindicatos da confederación galaica.


A manifestación sairá da Av. de Esteiro nº 10, onde se atopa o local da CNT ferrolana. Rematará no mesmo lugar onde haberá un pequeno miting final. Ao remate dos actos haberá unha comida de confraternidade no parque Cadro de Esteiro.




Contacta co sindicato de Betanzos (tlf/correo electrónico) se queres acudir. Saíremos ás 11:30 horas desde o noso local.

No hay comentarios: