3 may 2011

Charla de Javier Couso en Compostela




O vindeiro Xoves 5 de Maio, Javier Couso, irmán do xornalista asasinado hai oito anos polo exército norteamericano e destacado militante da CNT, dará unha palestra no local da CNT- Compostela, na que, baixo o título O caso Couso. Oito anos buscando xustiza, nos comentará as últimas novidades xudiciais sobre este caso e ilustrará-nos sobre o control da información en tempo de guerra e sobre a importancia e relevancia das infiltracións de wikileaks.



A palestra celebrará-se às 19:30, no local da CNT, Rua Garcia Prieto, 24-28.


Para máis información sobre o caso Couso,




Ultima Hora:

Actos en Ferrol o Sábado 7 de maio:
Ás 20:00 homenaxe a José Couso na praza que leva o seu nome en Esteiro.

Falarán: Javier couso, Avv Esteiro e Unión Libertaria.
As 20:30 charla coloquio “José Couso, oito anos buscando xustiza”.
Javier Couso falará das novidades xudiciais, das filtracións de wikileaks e do control da información na guerra.
Os actos serán no Espazo libertario. Avda. de esteiro 10, baixo. Ferrol.



No hay comentarios: