20 may 2011

Indignados coa piscina municipal e aquagest

.
150 indignados, 150 veciños de Betanzos, 150 usuarios da piscina municipal enviaron fai poucos días un escrito asinado por todos eles, denunciando o deterioro das instalacións "públicas" deportivas xestionadas por Aquagest..O escrito foi entregado no Concello de Betanzos a atención da Alcaldesa desta vila. Non esperabamos resposta, pero estabamos equivocados, e a Sra. alcaladesa contestounos, cousa que é de agradecer.
. .O problema é que a resposta, é a súa vez, a resposta que Aquagest envía ao Concello. Este de momento non parece querer mollarse no asunto.

. ¿Que nos conta D. Luis Morón Soto, Director da zona Norte Galicia de Aquagest ?

. Que todo está maravillosamente ben e que non entende o malestar dos usuarios. Poderiamos poñer aquí fotos dos vestuarios, das portas amañadas con cinta aislante, etc etc. Pero ¿para qué? Calqueira pode velo. Os resposnabéis da empresa e os do Concello tamén.
. No capitulo laboral, Aquagest recoñece os despidos, e para siliñar a profesionalidade dos novos contratados (cousa que non negamos), chega a falarnos de persoal " con experiencia contrastada en instalaciones deportivas desde hace más de 10 años". De risa. ¿Como é posible que xente de vintetantos anos pode ter tanta experiencia? Esta xente non sabe do que falan. Ou sí. Contratados polo novo convenio claro, con condicións moi inferiores ao persoal despedido. Non hai pior cousa que contar medias verdades.

.Queda o escrito completo no taboleiro do noso sindicato, para quen queira.

No hay comentarios: