24 may 2011

Que fixeron os betanceiros o 22-M



Do total de habitantes deste Concello, 11.141 foron invitados a votar. 7.859 o fixeron e 3.282 decidiron que mellor que non. Dos que foron 3.136 pensaron que o P.P. era a mellor opción, 2.513 que o PSOE, 1.043 que o BNG, 539 que CxB ,210 que CG, 218 votaron en branco (descontentos) e 200 nulos (cabreados).

Como veredes temos gustos para todos. Pois se cadra co tempo e por iso da crise, nos deixan aforrar 4 escanos de concelleiros, que serían aproximadamente o correspondente ao 30% de abstencións e votos nulos. Con eses cartos ao mellor poderianse mercar alimentos básicos a toda esa xente que anda a remexer no lixo nas noites betanceiras e que utilizan os carteis electoráis como colchón improvisado.

Cousas sen importancia claro, comparadas cos sesudos analises e pactos post-electoráis que encherán sen dubida a vida local dos próximos meses.

¿Por qué cantarán alguns "le llaman democracia y no lo es"?


No hay comentarios: