3 jul 2011

Asambleas do 15M en Betanzos

Desde hai un mes veñense celebrando asambleas nas prazas de Betanzos, do chamado Movemento 15M, que como todos sabemos ocupa as primeiras páxinas dos medios e informativos, pola capacidade enorme de movilización que ten realizado.
Nas asambleas de Betanzos están participando compañeiros e compañeiras afiliadas neste sindicato, e na reunión plenaria local, teñen solicitado que espallemos nos nosos medios, o traballo que están a desenvolver.
E non hai mellor xeito de facelo, que indo directamente ás suas fontes, pois este Movemento ten vida propria e ninguén mellor que eles mesmos para nos dicer cales son as súas intencións.
Desexamoslles moita vida e moito acerto a este Movemento Asambleario.




No hay comentarios: