22 sept 2011

Tecnocom reprime a actividade sindical




Desde o sindicato CNT de Compostela queremos enviar unha calurosa aperta e todo o cariño e o ánimo posible aos nosos dous compañeiros de Tecnocom integrantes da sección sindical da CNT na empresa. Estos compas atópanse agora mesmo de baixa pola dificil situación que veñen sufrindo nos últimos tempos na oficina que a empresa Tecnocom ten no polígono do Tambre en Santiago de Compostela dirixida polos señores Vicente S.O. e Tomás B.C.
Por facer un pouco de memoria...
Os nosos compas informáticos denunciaron á empresa Tecnocom e á Consellería de Educación por cesión ilegal de traballadores. Despois de ser externalizada a subcontrata, desde a propia Consellería onde traballaban á oficina da empresa, e tras deixar pasar un cauteloso prazo de tempo a empresa Tecnocom despide aos compañeiros alegando unha baixada voluntaria do rendemento no traballo.
Meses despois de denunciar este despedimento celébrase o xuizo correspondente de onde se obtén declaración do despido nulo que obriga a Tecnocom a reincorporar aos denunciantes nas mesmas condicións nas que estaban, e quedando por resolverse nun xuizo a posterior a  demanda de cesión ilegal entre a empresa Tecnocom e a Consellería de Educación.
Así pois, os compañeiros regresan ás oficinas da empresa constituíndo unha sección sindical de CNT. Pero non regresan nas mesmas condicións que tiñan como dicía a sentenza, senon noutras ben distintas: sen proxecto asignado, apartados dos compañeiros, con un ordenador insuficiente, con impedimentos para a formación, cun troco de horario, incluso con cambios temporais do centro de traballo (desprazando a un dos compañeiros a Coruña varios días á semana), e un logo ecétera de “detalles” por parte de D. Vicente S.O. e D.Tomás B.C.
Aos nosos compañeiros non lles quedou outro remedio que volver a denunciar a Tecnocom por incumprimento da sentenza. De novo xuizo, de novo sentenza favorable aos traballadores, e de novo tamén incumprimento por parte de Tecnocom, que incrementa a presión sobre os compañeiros que ven estupefactos como gañan denuncia tras denuncia pero ao final a empresa fai o que lle peta.
Finalmente, os nosos compañeiros non poden máis coa situación, poñense en mans dos profesionais da mediciña que lles dan a correspondente baixa.
Chegado este punto moitos preguntámonos: de que serve a xustiza? de que vale acumular xuizos gañados se a empresa segue a facer o que quere? Incluso moitos preguntaranse tamén se lles valeu a pena aos compas ter denunciado inicialmente para acabar sufrindo este drama persoal e laboral.
Desde CNT, só podemos dicir que estamos orgullosos da valerosa loita que estes dous compañeiros están a levar a cabo na defensa dos seus dereitos, e que non están sós, toda a confederación da CNT está con eles, e que desenvolveremos todas as accións legais e sindicais ao noso alcance contra Tecnocom e os seus responsables para que os compas poidan volver a traballar dunha maneira normal e digna, que é o único que piden estes traballadores.
Así que, alí onde se esconda iso que chaman xustiza... nos atoparémola!!

ÁNIMO COMPAÑEIROS, ARRIBA OS QUE LOITAN!!
TECNOCOM BASTA XA DE REPRESIÓN!!

No hay comentarios: