12 nov. 2011

X Xornadas Libertarias de Ferrol

A organización Union Libertaria de Ferrol anuncia as X Xornadas Libertárias que terán lugar entre as datas do 15 ao 19 de novembro no local situado na Avda. de Esteiro nº 10 baixo. Os actós serán no espazo libertario ferrolano ás 20:00 de martes a venres, e ás 12:00 o sábado no cemiterio de Canido. Os actos programados para estas xornadas contan con un mitin inicial e debates, mesas redondas, palestras e a presentación dun documental. Tamén se realizará na xornada do sábado 19 unha homenaxe ás vítimas do franquismo no antigo cemiterio de Canido.

O programa completo é o seguinte:


Martes 15:
Mitin antielectoral pola abstención activa

Unión Libertaria exporá as súas propostas e anima a debatelas a calquera dos presentes, mesmo reta ao debate a calquera candidato.


Mércores 16:

Presentación do documental: Memorias Rotas, a balada do comandante Moreno.

Sobre o asasinato do cenetistas José Moreno Torrese os milicianos do Batallón "Galicia" no Acebo (A Fonsagrada).




Xoves 17:

Charla debate: "Patriarcado e neopatriarcado" por María del Prado Esteban Diezma

A sociedade actual está en trance de superar definitivamente o patriarcado tal como o temos coñecido históricamente; tras del, despunta unha nova idade de sobreopresión da muller que está sendo destruida como suxeitohumano para converterse en criatura por completo dependente do Estado e o seus instrumentos, tal é o neopatriarcado. O sexismo político é o instrumento esencial das mutacións que están tendo lugar diante dos nosos ollos sen que, polo momento, teñamos articulado a resistencia a este proxecto que rematará na sociedade da maior dominación e despotismo coñecido



Venres 18:

Mesa redonda e debate: Democracia directa

Participan: 15M Ferrol, Democracia Directa Dixital e Unión Libertaria




Sábado 19:

Acto homenaxe ás vítimas do franquismo ás 12:00 horas no antigo cemiterio de Canido

No hay comentarios: