16 dic 2011

Formase a Sección Sindical da CNT na Xunta de Galicia


Vense de formar nestes días, a Sección Sindical da CNT na Xunta de Galicia. No acto de presentación da mesma no edificio de San Caetano, Pablo Paz, delegado da Sección, explicou o programa xeral da CNT, a sua alternativa ante os recortes, e as propostas cara aos outros sindicatos da Xunta para fomentar e retomar as asembleas xeráis de traballadores.

Desde Betanzos Libertario facemos un chamamentos á xente de Betanzos e da Comarca que traballan en calqueira das Consellerías da Xunta, ou das empresas dependentes das mesmas, a que tomen contacto con esta nova e importante sección da CNT, ben no correo cnt.sancaetano@xunta.es, ben nos correos das federacións locáis e por suposto no sindicato de Betanzos e Comarca betanzos@cntgaliza.org.
.


No hay comentarios: