17 ene. 2012

Proximos cambios (de forma e de fondo)


Levabamos máis de 15 días sen publicar nada. Eso non quere dicir que non estiveramos a traballar. Todo o contrario. En realidade Betanzos Libertario estaba meditando dos profundos cambios que vai ter neste 2012. Nos próximos días imoslle dar un lavado de cara a este blog. Cambiaremos o seu formato e publicaremos interesantes novas que se van producir na nosa vila. O Sindicato mudou o seu comité, e os novos integrantes veñen con novas forzas e ideas.
O equipo de redación desta páxina vai contar con novos integrantes, e Betanzos Libertario vaise  converter no referente obrigado para seguer as Conferencias organizadas pola CNT local, conferencias das que daremos conta nos próximos días.

Gracias por ser un visitante desta páxina. Esperamos continuar sendo do teu interés.




No hay comentarios: