A CNT de Betanzos prepara xa a segunda das conferencias dentro do ciclo A Cara Oculta da Crise que comenzou o pasado mes de Xaneiro coa charla de Xoan Doldán "O Cenit do Petroleo". Desta volta, a invitada será Carmen Freire, actual Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (S.L.G).
A Soberanía Alimentaria é un dos conceptos introducidos por Vía Campesina no Cumio Mundial de Alimentación (Roma 1996) da Organización Mundial para a Aliementación e a Agricultura (FAO) .
"Enténdese como a facultade de cada país para definir as súas propias políticas agrarias e alimentarias de acordo con obxectivos de desenvolvemento sostible e seguridade alimentaria. Esto implica a protección do mercado doméstico contra os produtos excedentarios que se venden máis baratos no mercado internacional, e contra a práctica do dumping (venta por debaixo dos custes de produción).
Este novo concepto, constitúe una ruptura con relación á organización actual dos mercados agrícolas posta en práctica pola OMC. En contraste á seguridad alimentaria definida pola FAO, que se centra na dispoñibilidade de alimentos, a soberanía alimentar incide tamén na importancia do modo de produción dos alimentos e a súa orixe. Resalta a relación que ten a importación de alimentos baratos no debilitamento de produción e poboación agraria locais."
Venres 24 de Febreiro
Salón Azul do Liceo de Betanzos
20:00 horas
A Soberanía Alimentaria como alternativa política para o século XXI.
Carmen Freire
No hay comentarios:
Publicar un comentario