23 feb 2012

Charla sobre Esperanto en A Coruña



O esperanto é unha língua artificial creada hai 125 anos para a comunicación de toda a humanidade. Unha língua de aprendizaxe rapidísima, sinxela, clara, sen conexión con nengunha língua imperialista. Foi por isto apoiada polas organizacións obreiras, incluíndo a CNT, que a espallaron como medio para comunicarse como 2ª lingua sen dependencia das línguas dos poderosos, e todo cun baixo custo en esforzo e tempo de aprendizaxe.
Os EEUU e Inglaterra, coa supremacía acadada tras a 2ª Guerra Mundial,vetaron no seo da Unesco calquera iniciativa de universalizar a aprendizaxe do Esperanto. Pois "sempre a lingua foi compañeira do imperio".

Martes 28 de Febreiro
Hora: 20:00
Lugar: Local da CNT. Rua Washington 36 baixo.A Coruña (Zona Casa do Home)
Falará: Carlos Sanchez. Profesor e falante de varias linguas, entre elas o Esperanto.

No hay comentarios: