30 mar 2012

Valoración do 29M en Galicia



Valoramos como de enorme éxito a Folga Xeral de onte 29 de Marzo. O paro no sector industrial e nos transportes foi decisivo. Non podemos decir o mesmo do Comercio e a Hostalaría. Na nosa vila o día foi como unha xornada normal, e nós, sabedores desto, e sen forza de momento para paralizar totalmente a vida de Betanzos, decidimos poñer as nosas forzas en apoiar aos compañeiros de outros lugares máis industriáis, e onde o paro facíase máis necesario.

Esto non foi impedimento para que enchesemos as rúas de Betanzos de centos de cartéis chamando á Folga. Aos sindicatos "maioritarios" nin se lles viu nin se lles esperaba.

As convocatorias feitas pola CNT, moitas delas acompañados da CGT ou da CUT, foron ás máis grandes que as nosas organizacións teñen feito en Galicia, e seguramente sexan o primeiro paso doutras nas que estamos obrigados a coincidir e facer camiño xuntos.

Estamos seguros que este día vai ser un punto de inflexión. O aumento de afiliación no noso sindicato nos últimos días, o demostra.

¡Viva a loita da Clase Obreira!

No hay comentarios: