14 abr 2012

As Cooperativas (Formación)



A partir do vindeiro 24 de abril, o SOV de Compostela ten programado un curso sobre as sociedades cooperativas galegas aberto a toda persoa interesada.
O programa é o seguinte:
CURSO: AS SOCIEDADES COOPERATIVAS GALEGAS
  • Martes, 24 de abril. Título: As sociedades cooperativas galegas. Poñente: Manuel Pérez Losada (Secretario do Consello Galego de Cooperativas).
  • Mércores, 2 de maio. Título: Socios, órganos sociais e réxime económico. Poñente: Brais Pérez Gómez.
  • Mércores, 9 de maio. Título: Presentación dunha experiencia cooperativa. Poñente: Por determinar.
  • Mércores 16 de maio. Práctica: O Plan de viabilidade. Poñente: Brais Pérez Gómez.
  • Mércores, 23 de maio. Título: Posta en común e clausura. Poñente: Brais Pérez Gómez.
Todas as sesións terán lugar no local de CNT Compostela (rúa García Prieto, 24-26) das 20.00 ás 21.30.
Recoméndase a toda persoa interesada que confirme a súa asistencia o antes posible escribindo a compostela@cntgaliza.org

No hay comentarios: