21 abr 2012

A politica de Orbita Seguros cos autonomos



Orbita Seguros forma parte de Seguros Bilbao, e portanto do Grupo Catalana Occicente, un dos máis importántes do Sector. O número de clientes que Orbita din ter é de máis de 130.000, entre eles moitos autonómos que contratan con eles os seguros que cubren as baixas por Incapacidade Temporal.

Este é o caso da nosa Compañeira Tamara, transportista autonoma. Ela ven pagando 65 euros mensuáis a esta Compañía. Unha baixa de 10 días significou o cobro de 250 euros (25 euros día). Como consideraba que a prestación non era a adecuada, Tamara, pide a cancelación da Póliza no mes de Novembro de 2011. Orbita comentalle que non pode e que ten que esperar ao vencimento do 28 de Xaneiro deste ano.

No día 13, Tamara ten unh nova baixa perfectamente demostrada polos partes médicos correspondentes. Orbita Seguros renova a póliza sen problemas, pero pon mil e un problemas para pagar a indemnización correspondente.

O máis increíble e que Orbita quere agora cancelar o contrato, acollendose a Lei de Contratos de Seguros 50/1980 que no seu artigo 22.2 permete cancelarunha póliza de forma unilateral previo comunicado escrito.
Algo realmente moi pouco utilizado nas Compañías de Seguros.

¿Estamos ante unha estafa? ¿Hai problemas de liquidez nas compañías privadas?
Desde logo, os equipos xurídicos do noso sindicato, non pensan estar quetos ante esto. 

Desde a CNT de Betanzos, facemos un chamamento a todos os traballadores aútonomos (sen asalariados) da Comarca a que defendan os seus dereitos, e prestaremoslles o apoio que precisen.

No hay comentarios: